Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. |
Por Isabel Barcón
@Isabelmbs
#DiadasLetrasGalegas
En 2º PMAR unha vez acabada a 2ª avaliación e antes das vacacións decidimos ler O Principiño traducido por Casares.
O Principiño, traducido por Carlos Casares |
ACTIVIDADES
➽➽ LINGUA ORAL
Ademais da lectura na aula (xa o leran e a opinión das alumnas era que non o entenderan) falamos moito sobre o que liamos e fixemos moitos debuxos, se se pode usar o termo inglés tan popular nas redes sociais, "quotes" sobre o que liamos e comentábamos: no encerado, en papel,...
➽➽ OUTRAS COMPETENCIAS.
Coa lectura tamén traballamos outras competencias como aprender a aprender, a competencia matemática, a dixital, a social,...
Repaso de xeografía |
➽➽LINGUA ORAL
➽➽Investigamos a vida de Saint- Exupéry. Gift, que xa non está con nós no centro e á que tanto estrañamos, fixo unha presentación sobre o autor que nos enviou por correo electrónico e que podedes ver clicando aquí.
➽➽COMPETENCIA MATEMÁTICA.
Entre todas as alumnas fixeron unha presentación sobre unidades de lonxitude despois de facer uns exercicios de cambios de unidades:
➽➽PRESENTACIÓN
➽➽ PROBLEMAS DE CONVERSIÓN UNIDADES DE LONGITUD.
➽➽ HERRAMIENTA TIC PARA REALIZAR PROBLEMAS DE CONVERSIONES ONLINE
➽ BIOGRAFÍA.
Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002.
Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002.
Casares por Primitivo para o centro. |
📗 Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último algúns estudosos encadran a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición. As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967), que é un conxunto de doce relatos, e a novela Cambio en tres (1969).
"Xoguetes pra un tempo prohibido" |
➽ LITERATURA INFANTIL.
Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peza dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho").
Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peza dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho").
➽ TRADUTOR.
A primeira obra que traduciu ao galego Carlos Casares foi a historia do pequeno príncipe,en 1972, seguramente porque o estilo de Saint- Exupéry ía ben co noso narrador e tamén era un viaxeiro incansábel. Tanto impactou nel esta noveliña clásica que desde aquela non deixou de coleccionar exemplares do libro como podemos ver no documento da Fundación Carlos Casares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Puedes dejar tu comentario, formulando preguntas, solicitando nuevos enlaces, ampliando información o sugiriendo mejoras. Seguro que tienes algo que decirnos...