Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Isabel Barcón
@Isabelmbs PMAR
Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarase o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, dende hai sete anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar o 4 de novembro o Día da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.
Os equipos de dinamización da lingua galega colaboran coas bibliotecas escolares na elaboración de todo tipo de actividades para estimular a lectura e apoiar a aprendizaxe; nos últimos tempos, van adquirindo cada vez máis importancia as relacionadas coa celebración do Mes da Ciencia.
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger" 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor".
Cruz Ángel Gallástegui Unamuno |
O Día da Ciencia en Galicia, este ano 2016 é para Cruz Gallástegui, introdutor en Galicia da xenética vexetal.
Cruz Gallástegui Unamuno dirixiu a Misión Biolóxica de Galicia da que naceu o primeiro millo híbrido de Europa, plantado no ámbito do Pazo do Hórreo e foi o renovador da agricultura galega.
Ignacio Ribas Marqués, o pai da química orgánica.
Ignacio Ribas Marqués |
Descubriu sustancias que bautizou como santiaguina, pontevedrina, ourensina ou coruñina.
Ribas Marqués foi o gran valedor da investigación dos produtos naturais autóctonos para a súa aplicación na industria farmacéutica ou cosmética. Traballou ata os 82 anos na Universidade de Santiago e deixou un enorme legado científico e de formación , dirixiu 68 tese doctorais, dos que 11 acabaron sendo catedráticos.
Era un apaixonado defensor da investigación, o que predicou co exemplo, e do valor da ciencia e a súa transmisión á sociedade como verdadeiro motor do progreso. E foino nunha época escura, no franquismo, onde a investigación na universidade quedaba relegada á anécdota. El foi unha das excepcións.
OS NOSOS TRABALLOS
En 2º PMAR fixemos carteis para conmemorar o Día da Ciencia como parte dun traballo de búsqueda de información na rede e lectura comprensiva de textos en formato dixital.
O cartel
Os carteis son apoios gráficos para expresar ideas así como mostrar imaxes que causan algún impacto específico en persoas determinadas.
É un material gráfico que transmite unha mensaxe, está integrado nunha unidade estética formada por imaxes que causan impacto e por textos breves. En conclusión, é un material gráfico, cuxa función é lanzar unha mensaxe ao espectador co propósito de que este o capte, o recórde e actúe en forma concordante ao suxerido polo propio cartel.
CARTEIS
FONTES DE CONSULTA E PÁXINAS WEB DE CIENCIA EN GALEGO
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cereal
http://www.gciencia.com/
http://portaldaspalabras.gal/
http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/
https://twitter.com/moleculas_gal
0 comentarios
Puedes dejar tu comentario, formulando preguntas, solicitando nuevos enlaces, ampliando información o sugiriendo mejoras. Seguro que tienes algo que decirnos...