O Principiño, traducido por Carlos Casares, e competencias matemáticas.

By 20:05 , , , , , , , ,


Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela.
Por Isabel Barcón
@Isabelmbs 
#DiadasLetrasGalegas 

En 2º PMAR unha vez acabada a 2ª avaliación e antes das vacacións decidimos ler O Principiño traducido por Casares.

O Principiño, traducido por Carlos Casares
ACTIVIDADES
➽➽ LINGUA ORAL 

Ademais da lectura na aula (xa o leran e a opinión das alumnas era que non o entenderan) falamos moito sobre o que liamos e fixemos moitos debuxos, se se pode usar o termo inglés tan popular nas redes sociais, "quotes" sobre o que liamos e comentábamos: no encerado, en papel,...


➽➽ OUTRAS COMPETENCIAS. 

Coa lectura tamén traballamos outras competencias como aprender a aprender, a competencia matemática, a dixital, a social,...
Repaso de xeografía


➽➽LINGUA ORAL



➽➽Investigamos a vida de Saint- Exupéry. Gift, que xa non está con nós no centro e á que tanto estrañamos, fixo unha presentación sobre o autor que nos enviou por correo electrónico e que podedes ver clicando aquí.


➽➽COMPETENCIA MATEMÁTICA. 

Entre todas as alumnas fixeron unha presentación sobre unidades de lonxitude despois de facer uns exercicios de cambios de unidades:


➽➽PRESENTACIÓN


➽➽ PROBLEMAS DE CONVERSIÓN UNIDADES DE LONGITUD.

➽➽ HERRAMIENTA TIC PARA REALIZAR PROBLEMAS DE CONVERSIONES ONLINE

  • Actividades de medidas de longitud

    ENLACE
  • Conversión de Millas a Kilómetros.
ENLACE

INFOGRAFÍA.




 BIOGRAFÍA.

Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002.

Casares por Primitivo para o centro.
ETAPAS NA SÚA OBRA.

  📗 Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último algúns estudosos encadran a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición. As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967), que é un conxunto de doce relatos, e a novela Cambio en tres (1969).

En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais o Premio da Crítica española. Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte.


"Xoguetes pra un tempo prohibido"
  📗 Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a novela Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega.

 LITERATURA INFANTIL. 

Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peza dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho").

TRADUTOR. 

A primeira obra que traduciu ao galego Carlos Casares foi a historia do pequeno príncipe,en 1972, seguramente porque o estilo de Saint- Exupéry ía ben co noso narrador e tamén era un viaxeiro incansábel. Tanto impactou nel esta noveliña clásica que desde aquela non deixou de coleccionar exemplares do libro como podemos ver no documento da Fundación Carlos Casares.


También Te Puede Interesar...

0 comentarios

Puedes dejar tu comentario, formulando preguntas, solicitando nuevos enlaces, ampliando información o sugiriendo mejoras. Seguro que tienes algo que decirnos...